viernes, 2 de agosto de 2013

BREVE REUNIÓN 4 DE SEPTEMBRO 1ºCAV

Segundo o acordado en Xunta de Facultade, o curso 2013/2014 iniciarase oficialmente o mércores día 4 de setembro. Ese mesmo día haberá un acto de benvida no Salón de Actos ás 10h para os alumnos de primeiro curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual. A continuación dos respectivos actos de benvida, os coordinadores de grao terán unha primeira reunión cos alumnos na Aula 1 (Publicidade e Relacións Públicas) e Aula 2 (Comunicación Audiovisual).
O xoves 5 e venres 6 serán as presentacións das materias para os alumnos dos catro cursos dos tres graos nas aulas correspondentes.
A partir do luns, 9 de setembro, comenzarán as clases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario