miércoles, 25 de septiembre de 2013

As actividades do CoruñaFilm reúnen a recoñecidos profesionais do cine // Academia Galega do Audiovisual

Recollemos e publicamos a invitación recibida vía e-mail no centro:
Estimados compañeiros e compañeiras,

O encontro cinematográfico entre profesionais da industria, novos creadores, estudantes e afeccionados ao cine CoruñaFilm que terá lugar no Centro Ágora do 3 ao 5 de outubro. Recoñecidos profesionais do cine reúnense en torno a máis de 20 actividades gratuítas entre as que se atopan obradoiros intensivos, rodaxes express, conferencias, proxeccións de curtas e mesas redondas dirixidas a novos creadores, estudantes e a tódolos interesados no cine. Estas xornadas están organizadas polo Concello de A Coruña coa colaboración de Notodo.com e da Academia Galega do Audiovisual.

Prestixiosos cineastas como Jaime Chávarri, Mar Coll, Paco Plaza, Santiago Tabernero ou Jorge Coira asesorarán personalmente a novos creadores en Zona de Directores, onde 20 realizadores terán o privilexio de mostrar os seus traballos e ser orientados na industria audiovisual. Ademais, cun guión escrito en exclusiva para CoruñaFilm, o cineasta Isaki Lacuesta organizará na cidade un equipo de rodaxe para gravar unha curta en 36 horas.

Seis encontros cinematográficos terán como protagonistas a actores e directores como Sergio Peris-Mencheta, Nacho López, Borja Cobeaga e Paula Ortiz; guionistas como Virginia Yagüe e Verónica Fernández; produtores como José María Besteiro, Luis Manso e Emma Lustres; produtores de animación como Alberto Vázquez Rico e Manuel Cristóbal; e respetados expertos en áreas específicas, entre elas a representación de actores e a dirección de casting, como Antonio Rubial e Sara Bilbatúa.

Seis obradoiros intensivos abordarán diferentes aspectos da creación audiovisual: a escritura de guións, a interpretación, o coaching e a dirección de actores, os dereitos de autor, o cine de animación. Todo isto da man de realizadores, guionistas, actores e grandes coñecedores do mundo cinematográfico: Borja Cobeaga, Irene Visedo, Enio Mejía, David Planell, Tomás Rosón o Miguel Ángel S.A. Cogolludo.

Rapaces ofrecerá a nenos e adolescentes a oportunidade de gravar unha curtade animación con plastilina ou realizar unha videocreación, e a través de Proxecta a túa curta, profesionais e amateurs que desexen ver a súa obra en pantalla grande e ante o público terán a oportunidade de presentar os seus traballos audiovisuais.

Para os espectadores amantes do cine estarán dirixidas as seccións Fronte a fronte na que Paula Ortiz e Álex Angulo, Paco Plaza e Leticia Dolera, diseccionarán e comentarán a súa experiencia cinematográfica. Citas de cine, que motivará encontros entre creadores de diferentes especialidades para compartir propostas e necesidades profesionais, e O mellor de Notodofilmfest, onde se poderá gozar das curtas triunfadoras da última edición deste referente español de cine en internet.

Tan só recordarvos que o prazo para inscribirse nas actividades que o precisan do CoruñaFilm permanece aberto ata o vindeiro luns, día 30 de setembro. Tedes máis información en http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=cultura/Page/Generico-Page-Generica&cid=1322782064351&argIdioma=es&itemID=1379294244242&itemType=Suceso

Agardando que vos animedes a participar, e agradecendo de antemán a difusión que lle poidades dar, recibide un saúdo,

Academia Galega do Audiovisual

No hay comentarios:

Publicar un comentario