martes, 12 de noviembre de 2013

MASTER CLASS AUDIOVISUAL GALEGO 2013-14



Coordinadores: Anna Amorós, Miguel Anxo Fernández

MERCORÉS 13 de NOVEMBRO, Salón de Actos, ás 16.00h.
SOMOS GENTE HONRADA
Alejandro Marzoa, 2013.

Alejandro Marzoa
Director e Realizador (Vigo, 1979). Gradúase no 2006, na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (ESCAC), especialidade de fotografía. Actualmente exerce como profesor na ESCAC. Ten recibido máis de 70 premios polo seu labor como curtametraxista. Compoñente do grupo musical “Mans de Topo”.
FILMOGRAFÍA:
Somos Gente Honrada (2013). Longametraxe. FESTIVAL DE CINE DE TARAZONA (Sección Oficial), FESTIVAL DE MÁLAGA (Sección Oficial), FESTIVAL DE VALLADOLID-SEMINCI (Sección Spanish Cinema), FESTIVAL DE MONTREAL (Sección Nova Autoría), FESTIVAL ÓPERA PRIMA TUDELA (Sección Oficial).
Your Lost Memories (2012). Documental. ANTOFADOCS (Mención Especial), CINE LOW COST (Sección Oficial), FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE PERÚ (Sección Oficial), PUNTO DE VISTA (Seccións Paraleles), FESTIVAL CINESPAÑA TOULOUSE (Sección Oficial), ATLANTIDA FILME FEST (Sección Oficial), FESTIVAL ALTERNATIVA (Sección Oficial).
Curtametraxes: TEMPADA 92-93, PAI MODELO, CUCHARADA, AMIZADE

Sergio Moure de Oteyza
Compositor (A Coruña, 1969). Cursa estudos de harmonía, composición, arranxos e guitarra no Conservatorio do Liceo de Barcelona. Traballa como compositor e profesor na ESCAC e como compositor e coordinador musical para o CECC (Centre d’Estudis Cinematográfics de Catalunya).
No ano 2004 compón a banda sonora de Inconscientes, a súa primeira partitura para cine, conseguindo unha nominación aos Premios Goya e Premios Gaudí.
Despois chegaría Cargo, composta conxuntamente con Stephen Warbeck (Oscar por Shakespeare in love), así como outros traballos para televisión (as tv-movie Ecos -dirixida por Oriol Paulo- ou Reliquias – de Toño López).
As súas máis recentes bandas sonoras para cine foron Secuestrados (Miguel Angel Vivas), Lobos de Arga (Juan Martínez Moreno), Todo es Silencio (José Luís Cuerda), El Cuerpo (Oriol Paulo), Tesis sobre un homicidio (Hernán Goldfrid) e Somos Gente Honrada (Alejandro Marzoa). Actualmente traballa na banda sonora da longametraxe documental Querida Gina (Susana Sotelo).
No ano 2009, a Orquesta Sinfónica de Galicia estreou no Palacio da Ópera da Coruña, a súa Sinfonía nº 1 Admónitum.

Para máis información (e para escoitar a súa música): www.sergiomoure.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario