miércoles, 11 de diciembre de 2013

FORO DE EMPRENDEMENTO


Convídase a todos os membros da comunidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación a asistir, o vindeiro xoves 12 de decembro, ao "Foro de Emprendemento: "Crea para aprender y emprende para crear. El networking como oportnundad de automenpleo", que se celebrará ás 19:00 h no SALÓN DE ACTOS do centro.
Este foro, promovido polo grupo de investigación G4 Plus, busca coñecer o Network Marketing como un sistema innovador no ámbito da distribución e a organización en rede como unha alternativa de emprendemento e autoemprego a través do coñecemento de expertos e experiencias prácticas de asociados e networkers de diferentes organizacións.
No evento relataranse, ademais, as experiencias de Néstor Ferrer Brufal, Enrique García González e Levis Marcelino Cassino.


Agardamos contar coa vosa presencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario