jueves, 5 de diciembre de 2013

MASTERCLASS XAVI GIMÉNEZ


A Academia Galega do Audiovisual presenta unha nova edición do Foro Academia Aberta.

Os vindeiros días 12 e 13 de decembro, de 16.30 a 20.30h, contaremos coa presenza de Xavi Giménez, director de fotografía de filmes como
"Ágora", "El Camino de los Ingleses", "Transsiberian" ou "Palabras encadenadas", entre outras, no plató da Escola de Imaxe e Son de A Coruña, que impartirá unha masterclass sobre a súa especialidade.

As prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de chegada dos formularios. Posteriormente entregarase un diploma certificando a asistencia.

Para máis información, consultade a web.

No hay comentarios:

Publicar un comentario