lunes, 27 de enero de 2014

BOLSAS ESTUDANTES UVIGO. CONVOCATORIAS. Prazo: 12 de febreiro de 2014

Lémbrase que están publicadas tres convocatorias de intercambio para estudantes da Universidade de Vigo:

1.- CONVOCATORIA ERASMUS+
2.- CONVOCATORIA DE BOLSAS PROPIAS
3.- CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES

As bases das tres convocatorias e os formularios de solicitude poden consultarse na web da ORI:


Límite de prazo de presentación das solicitudes: 12 de febreiro de 2014

Os/as estudantes interesados/as están invitados a asistir ás sesións informativas que terán lugar e que xa foron anunciadas previamente, especialmente polas novidades do programa Erasmus:


- Campus de Pontevedra:
Ás 12.30 horas do 24 de xaneiro de 2014 (venres) no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría Forestal

- Campus de Vigo (dúas sesión a elixir):
Ás 9.00 horas do  29 de xaneiro do 2014 (mércores) no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Ás 16.00 horas do 30 de xaneiro de 2014 (xoves) no Salón de Actos Paraninfo da EEI, sede cidade (R/ Torrecedeira)

- Campus de Ourense
Ás 10.00 horas do 30 de xaneiro de 2014 (xoves) na Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo


Saúdos,


Amelia Rodríguez Piña
Responsable da ORI/Manager of the International Office
Praza Miralles
Campus Universitario s/n
E-36310-Vigo (España)
Tel: +34 986 813751
E-mail: ori@uvigo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario