lunes, 3 de febrero de 2014

PLANIFICACIÓN DAS ENQUISAS DE AVALIACIÓN DOCENTE

A/A PROFESORES/AS DA FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN                                           
Seguindo as instruccións recibidas por parte da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade, rogamos que (todos/as aqueles/as que teñan docencia no segundo semestre) introduzan antes do 16 de febreiro na aplicación as datas e horas nas que que queren ser avaliados. Adxuntamos o texto coas instruccións.

A ruta de acceso é a seguinte:

Páxina da UVigo – Secretaría Virtual – Control de acceso - Funcionalidades para o PDI - Planificación de Enquisas de Avaliación Docente.

Para o Control de Acceso deben introducirse os datos habituais:
-          Nº Documento de identificación
-          Número da tarxeta universitaria
-          Contrasinal da tarxeta universitaria

O prazo de planificación individual por parte do profesorado remata o vindeiro 16 de febreiro. Para facilitar esta tarefa, na Guía de Planificación das EAD inclúese información detallada sobre o proceso. Esta guía pode consultarse no seguinte enlace: 


A continuación, naqueles casos nos que o profesorado non tivese planificada a realización da/s súa/s enquisa/s na dita data, o centro procederá a completar as planificacións correspondentes ás súas titulacións adscritas. Unha vez completadas, cada docente poderá consultar na Secretaría Virtual os datos que lle atinxan das planificacións realizadas.

O cronograma xeral da realización das EAD neste cuadrimestre é o seguinte:

Titulacións de Grao e Mestrado

Planificación das enquisas

•         Planificación individualizada polo profesorado                 27 de xaneiro a 16 de febreiro

•         Revisión polos centros das planificacións realizadas       17 de febreiro a 02 de marzo
                              
Realización das enquisas                                                                        10 de marzo a 25 de abril

               

No hay comentarios:

Publicar un comentario