jueves, 13 de marzo de 2014

Datas de depósito e defensa dos TFG 2013/14

Na última reunión da Comisión de Seguemento dos TFG de Comunicación Audiovisual acordáronse as datas de defensa e depósito correspondentes ás convocatorias de xuño e xullo do curso 2013/14.

En principio resérvanse 3 días para a celebración dos actos de defensa en cada convocatoria. Nunha reunión posterior --e en función do número de traballos depositados finalmente en cada unha das convocatorias-- establecerase se é preciso que o tribunal actúe o primeiro día asignado en cada unha delas, ou que o faga tamén no segundo ou terceiro. A orde de defensa con horario concreto para cada alumna e alumno será determinada tamén nesa reunión.


CONVOCATORIA XUÑO
CONVOCATORIA XULLO
Data límite de depósito
Venres 30 de maio de 2014
Luns 30 de xuño de 2014
Datas de defensa
09, 10 e 11 de xuño
14, 15 e 16 de xullo

Lémbrovos que o depósito deberá realizarse conforme ó regulamento vixente, dispoñible en:
"3. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión, efectuarase a través dun Rexistro Oficial da Universidade de Vigo e deberá ir acompañada de tres copias do traballo en formato impreso ou tres copias en pendrive (un pendrive para cada integrante do tribunal) e una cuarta  copia en CD/DVD para a Biblioteca da Universidade de Vigo. Poderá aportarse a documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa tomada en consideración polo Tribunal avaliador".

Na mesma reunión da Comisión de Seguemento acordouse que o tribunal único para todas as convocatorias estea formado polos docentes Anna Amorós, Jorge Lens, Mónica Valderrama e Montserrat Doval. A configuración dun tribunal único foi unha proposta realizada e aprobada previamente na reunión de profesorado do Grao na que se abordou a configuración da PDA.

Como aclaración cara o alumnado, cómpre especificar que o tribunal estará constituído por 3 membros que rotarán cando quen defenda sexa un dos seus titorizados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario