viernes, 25 de abril de 2014

Conferencia de Marta Boubeta: Galiza Ano Cero

O vindeiro martes 29 de abril, dentro da programación da materia de Proxectos Web, terá lugar a visita de Marta Boubeta, ex-alumna de Comunicación Audiovisual e coordinadora do proxecto de TV por internet galizaanocero.tv, para explicar o seu proceso de creación e funcionamento.

A conferencia terá lugar ás 16:30 no Salón de Graos Aula Xan Bouzada e está aberta a todo o alumnado e persoal da Facultade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario