martes, 20 de enero de 2015

Viaxe a unha Expo Cine Galego 25 Anos

Como sabedes, iste ano 2015 cúmprense 25 anos da estrea dos 3 primeiros filmes galegos: "Sempre Xonxa", "Continental" e "Urxa". Con tal motivo preséntase unha Exposición na Cidade da Cultura de Santiago de compostela, organizada polo crítico, historiador e profesor desta Facultade Miguel Anxo Fernández, no que se fai un recorrido por todo o audiovisual galego en formato cine e TV, non so dos devanditos 25 anos. Trátase dun evento importante, con ducias de documentos que cicais nunca mais estén a disposición do público

Pensamos que a exposición é dabondo interesante pros alumnos de Comunicación de Audiovisual, polo que se vai organizar un viaxe en autobús para todos aquiles que queiran coñecela

Será o venres, 30 de xaneiro, con saída as 10 da Facultade e regreso as 14 horas. Por suposto, de balde.

Os alumnos interesados deberán confirmar o seu desexo de asistir cun correo a fortunatorf@uvigo.es antes do luns, 26 de xaneiro. Hay prazas limitadas, dacordo a capacidade do autobus

No hay comentarios:

Publicar un comentario