ACTA DA SESIÓN
Asisten
os seguintes profesores/as: Ana Amorós Pons, Alberto Dafonte Gómez, Susana Domínguez Quintas, Fernández Fernández, Miguel Anxo, Fernández Santiago, Luis Emilio, Ana Maria
Fernández Soneira, Oswaldo García Crespo, Adela García-Pintos Escuder,
Jesús Lage Picos, Beatriz Legerén Lago, Jorge Lens Leiva, Daniel Martí Pellón, María Isabel Martínez Martínez, Paulino Pérez Feijóo, Rosa María Ricoy Casás, Fortunato Rodríguez Fernández y Mónica
Valderrama Santomé.
Disculpan
a súa ausencia os profesores/as:
Benigno Fernández Salgado, por baixa médica, Ricardo García Machuca, Mercedes Román Portas, Carlos Soutelo Soliño y Mariana Fernández Pérez.
PUNTOS ABORDADOS E ACORDOS:
1. Apróbase a última acta do pasado curso 2011-12 do 18 de xuño de 2012.
2. Informe da
Coordinadora.
Tras o traballo conxunto co anterior coordinador, Fortunato Rodríguez, para cubrir a aplicación de Calidade co "Informe de seguimento da titulación de CAV", dase por asumida a coordinación e posta ao día nas diversas cuestiónse responsabilidades do cargo.
Entre os puntos a destacar nas melloras propostas no informe faise fincapé nos seguintes:
- Lembrar aos docentes que recollan EVIDENCIAS de cada proceso, reunión ou interacción cos diferentes axentes do centro. Reunións de coordinación de materias, módulos, co alumnado ou incidencias varias. Cada toma de decisións ou consultas varias deben ser REXISTRADAS e documentadas. Folla de firmas, notas, etc... O mesmo tempo que debe ser INFORMADO Á COORDINACIÓN DA TITULACIÓN.
- PLAN DE PROMOCIÓN e documento para "FUTUROS ESTUDANTES" para o cal se amosa voluntario Fortunato Rodríguez para a WEB específica da titulación. Neste punto e para a cuestión de VISITAS aos centros informando sobre a titulación a profesora Adela García-Pintos manifesta a súa disponibilidade no caso de presentar ao mesmo tempo varias titulacións nas visitas programadas.
- CRONOGRAMA de curso para evitar a sobrecarga no alumnado en determinados períodos.
3. Elección de
coordinador para o Plan de Acción Tutorial de Calidade para o 4º curso de CAV.
Proponse a Miguel Anxo Fernández tras unha ronda previa de peticións envíadas vía e-mail o 24 de septembro de 2012 para solicitude de candidatos para facerse cargo desta tarefa algún docente da titulación.
4. Explicación sobre
o proceso de inscrición do Traballo fin de Grao e decisións da Comisión
específica.
Alberto Dafonte, Jorge Lens, Mónica Valderrama e Bibiana Jacob, como representante do alumnado quedaron constituídos o pasado 4 de outubro de 2012. Quedando pendente o posto de PAS que dous días despois aceptou cubrir Julio Martínez Rodríguez, que pasará a ser convocado na vindeira sesión.
Infórmase ao profesorado da solicitude dos alumnos de cuarto de publicidade a sustitución da representante de alumnado por Fátima Santiago Cortegoso, de cuarto curso de CAV e representante en Xunta de Facultade, que acudirá á seguinte reunión da Comisión de TFG con voz pero sen voto ata que se decida en Xunta se o cambio é ou non aceptado.
Faise un resume do regulamento de TFG e explícase que o alumnado solicitará ao tutor académico e cubrirá un formulario para facer a petición de inscripción do mesmo ata o 5 de novembro de 2012.
O link empregado polo alumnado despois de chegar a acordo co TUTOR ACADÉMICO é https://docs.google.com/ spreadsheet/viewform? fromEmail=true&formkey= dDMta3hhSXc3RTh5bXBhaFNJc09ybX c6MA
5. Exposición de
proposta de desenvolvemento da materia de seminario de experiencias
profesionais.
Suscítase un breve debate con participación dos docentes indicando a súa visión e o enfoque persoal sobre o borrador remitido.
O profesor Oswaldo García, coma coordinador da materia, queda encargado de recibir propostas vía e-mail ao borrador envíado para o seu estudo aos profesores o 3 de outubro de 2012 para presentar nunha reunión específica a estructuración da mesma. E traballar asimesmo os perfís profesionais e os nomes dos invitados.
6. Rolda de
intervencións.
Pídese que o horario se desprace en vindeiras sesións e non coincida co xantar.
Pontevedra, a 10 de outubro de 2012
COORDINADORA DA TITULACIÓN
Mónica Valderrama
Santomé
No hay comentarios:
Publicar un comentario