lunes, 19 de noviembre de 2012

XOSÉ ARIAS, conferencia o mércores 21


No salón de graos o vindeiro mércores ás 12 horas tendes unha a oportunidade dunha achega profesional á vosa formación.

Conferenciante: XOSÉ ARIAS, Director de CTV
(http://www.ctvmedia.es/)
Título::"O sector audiovisual en Galicia e España: presente e perspectivas de futuro".
Data e Hora: Día 21 ás 12.00 Lugar: Salón de Graos
Organizada por: D. Formoso, I. Martínez, P. Pérez, C. Soutelo, L. E. Fernández.
Financiada polo Dpto. de Comunicación Audiovisual e Publicidade.







LIÑAS DE CURRICULUM

Realizador e director de programas de TV e publicidade. Cursou estudos de FP2 no Instituto Politécnico de Pontevedra.
De 1979 a 1981 cursou estudos de enxeñería en Rutdgers University e no Institute of Audio Research (NYU), en Estados Unidos.
Traballou como enxeñeiro de gravación en varios estudios en 1982.
En 1983 comezou a traballar como técnico, operador de cámara e realizador para a produtora Beethoven, en Vigo, sendo responsable de numerosas producións neste período.
Desde mediados de 1985, traballa para CTV, S.A., simultaneando ó longo dos últimos anos a dirección da produtora CTV cas funcións de director técnico, director e realizador de numerosos programas, documentais e spots publicitarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario